O teu corazón pide Sarria

O Centro Comercial Urbano de Sarria, inicia unha nova Campaña para animar aos clientes a realizar as súas compras de San Valentín nos establecementos adheridos (comercios, perruquerías, fisioterapias, etc…) ubicados na vila de Sarria.

Os clientes, a través das compras, participarán no sorteo de 4 ceas románticas para dúas persoas, na hostalaría asociada (Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma).

Esta campaña promocional estará vixente dende o 1 de febreiro ata o día dos namorados. O sorteo, aberto ao público, será o venres día 16 de febreiro ás 12:30 horas nas oficinas de ACES.

*Proxecto cofinanciado pola xunta de Galicia.

 

Compartir: