Esta proposta describe unha iniciativa de dinamización comercial para a celebración da Noite Meiga en Sarria, co obxectivo de apoiar este evento local e fomentar a implicación dos negocios participantes na creación do ambiente e na promoción do día.
A campaña prevé a participación dos establecementos asociados mediante a incorporación de elementos temáticos nos seus escaparates e espazos comerciais, xerando unha atmosfera compartida ligada á estética e ao simbolismo do evento. Esta iniciativa busca mellorar a visibilidade dos negocios locais durante a celebración, contribuír ao ambiente festivo da vila e animar aos veciños e visitantes a visitar os establecementos participantes
