Zapaterías
C/ Matías López, 78 - Cruce Catro Camiños - 27600 Sarria, Lugo
982 87 63 56
Zapatería de dama, cabaleiro e neno.
CALVO SOTELO, 36 - 27600 Sarria, Lugo
982 53 07 47 / 604 007 264
A nosa historia remonta aos anos 50; era un taller de arreglos que fabricaba zapatos por encargo, a tenda en sí comenzou coas botas de diario, o dono naquel momento, o meu pai, arreglaba, e miña nai vendía. O arreglo mantívose ata os anos 70 e a partir de aí adicámonos á venda de calzado de calidade e de fabricación española.
Os nosos clientes son de todas as idades, ao comezo das temporadas son familias con nenos, que precisan o calzado porque se lles quedou pequeno, ao mesmo tempo tamén se venden as novidades, o da moda máis actual, despois dama e por último cabaleiro. Teño que dicir que os nosos clientes son o noso maior tesouro.
Con respecto ao produto que ofrecemos trátase de calzado de pel e fabricación nacional. Os nosos proveedores son como os nosos clientes, tamén vellos coñecidos, con moitos deles crecemos, sempre adaptándonos xuntos ás novas necesidades do mercado. O que máis valoramos nunha marca é a calidade do produto, que sexa actual e cun prezo razoable.
CALZADOS VEIGA
DIEGO PAZOS, 53 - 27600 Sarria, Lugo
982 53 06 18
Zapatería familiar fundada no ano 1967, que sen perder a súa filosofía de calidade e bó trato adaptouse aos novos tempos e tendecias.
C/Calvo Sotelo, 125 - 27600 Sarria, Lugo
982 28 62 71
Somos unha zapatería ubicada nas provincias de Lugo e Pontevedra con distintas sucursais en localidades como Sarria, Monterroso e Lalín. Traballamos coas mellores marcas e as máis destacadas en España e no mundo. Destacamos pola alta responsabilidade na entrega de pedidos a domicilio a nivel rexional e nacional.
Zapatería de dama, cabaleiro e neno.