Namórate da Hostalaría

O Centro Comercial Urbano de Sarria, inicia unha nova Campaña para animar aos clientes a realizar as súas compras de San Valentín nos establecementos adheridos (comercios, perruquerías, fisioterapias, etc…) ubicados na vila de Sarria.

Os clientes, a través das compras, participarán no sorteo de 4 ceas románticas para dúas persoas. As persoas premiadas terán todo o ano 2021 para escoller o día no que gozar do premio. Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma serán os establecementos encargados da elaboración das ceas.

Esta campaña promocional iniciase o xoves 4 de febreiro e finaliza o día dos namorados. O sorteo, aberto ao público, será o mercores día 17 de febreiro.

Compartir: