A Activiade realizouse do día 22 de abril ao 4 de maio que foi o día da Nai.
A localización da campaña foi na totalidade dos establecementos asociados.
Nesta actividade participaron a totalidade dos establecementos asociados, que son na súa gran maioría comerciantes detallistas.
Os beneficiarios principais foron os clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria, dinamizando as compras entre os veciños e veciñas, procurando sempre chegar ao maior público posible.
Todolos asociados, recibiron un cartel publcitario para expoñer no seu establecemento a toda cor coa imaxe da Xunta de Galicia e do CCU, material, xestión en redes, organización e coordinación, en xogo un vale de comprar por valor de 200€, para consumir nos establecemntos asociados a ACES.
Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realicen algunha compra no periodo da promoción, poderán gañar un vale de compra por valor de 200€, para consumir nos establecementos asociados.
Os establecementos asociados, por cada venta que fixeron, entregaron os seus clientes unha factura ou factura simplificada (papeletas), onde incluen os datos do establecemento e cubrirán o nome, apelidos e número de teléfono do cliente.
As papeletas quedan custodiadas no establecemento asociado, ata que o persoal de ACES as recollan. Realizouse o sorteo do premio, mesturando as papeletas nun recipiente e extraendo unha papeleta e outra de reserva.
“Mama dacho todo, dalle ti o mellor, mera produto local”, é unha campaña coa que pretendemos que os veciños de Sarria e dos arredores merquen os seus agasallos para o Dia da Nai na vila incrementando así as vends dos nosos asociados.
A campaña ten moi boa acollida por parte da clientela. O premio, un vale de 200€, invertiuse nos comercios dos asociados. Esta campaña gusta moito e sempre hai unha gran participación no sorteo o cal animou moito as vendas dos nosos asociados.

