ACES

Textil Fogar

Calvo Sotelo, 66 - 27600 Sarria, Lugo

982 53 18 26

Dimar Moda é unha empresa familiar cuhna tradición de máis de 20 anos adicada ao comercio textil.

Estamos ubicados na localidade lucense de Sarria, que é cabeceira de comarca, e que se atopa a 30 km de Lugo polo corredor Lugo-Monforte. A tenda atópase situada no cruce das rúas Matías López e Calvo Sotelo, arterias principais da vila.

En Dimar Moda atoparás o último das mellores marcas en moda home, muller e fogar.

Intentamos crear un ambiente de moda para o teu fogar e toda a familia, cuha atención personalizada e poñendo a túa disposición a nosa experiencia acumulada en todos estes anos.

Marquesa Casa López, 19 - 27600 Sarria, Lugo

982 53 42 49

Lar de Menchu é unha tenda especializada na confección, instalación e venda de todo tipo de cortinas, estores, paneis… Tamén dispoñemos dun amplio surtido de lencería do fogar de todo tipo. Todo o que precisas para vestir dende a túa habitación ata a túa cociña atoparalo aquí.

O noso repertorio está formado por unha gran variedade de marcas de prestixio, tales como Trovador, Gammanatura…

Se necesitas vestir a túa casa, non dubides en facernos uhna visita. Asesoramoste en todo o que necesites e ofreceremosche sempre a mellor solución. E se queres que as túas ventás se vexan moito mellor, ven e pregúntanos. Ofrecemosche as mellores opcións en cortinas, estores, paneis… confeccionados a medida por nós. E non importa de onde sexas ou onde vivas, alí estaremos para instalar as túas novas cortinas.

Benigno Quiroga, 93 - 27600 Sarria, Lugo

982 53 34 97 / 982 53 08 68

A nosa empresa de pintura e fogar ten moitos anos de experiencia e unha gran cantidade de proxectos realizados con éxito. A satisfacción dos nosos clientes motívanos para continuar fancedo o noso traballo de maneira responsable, puntual e nun clima de confianza.

Na nosa tenda poderás dispor dos artigos precisos para desenrolar os teus proxectos de decoración. Dispoñemos de artigos de bricolaxe, pinturas, vernices, esmaltes, tarimas, persianas… Tambén atoparás artigos relacionados co fogar como cortinas, estores, venecianas, alfombras…

Se o que buscas é un equipo de profesionais para realizar traballos de pintura interior ou exterior, acoitelado de chan, colocadores de tarima, solucións para a humidade, traballos con veladuras, estucos, terras florentinas… non dudes en solicitarnos presuposto,  obterás o mellor resultado a bo prezo.