A realización desta campaña abarcou os días 6 e 7 de marzo de 2025.
O lugar escollido para celebrar esta actividade foron os propios comercios participantes, en horario comercial habitual de maña e tarde.
Nesta actividade participaron 29 comercios asociados; que pertenecen na súa maioría ao sector da moda e calzado, en particular foron: ATMOSFERA SPORT, BARJA SCHOES, CALZADOS GAYOSO, CALZADOS VEIGA, CARPE DIEM, COLORIN COLARADO, CRIS ABAD, DIMAR MODA, DUET MODA, ISABEL MODA, JUGUETERIA Y PUERICULTURA 1,2,3 ESCONDITE INGLES, LAR DE MENCHU, MERCERIA SARILLO, MERCERIA LUCIA, MICSPORT SARRIA, MONCHO MODA, PINTURAS Y HOGAR LATAS, SENAYO, SABRINA MODA, PERIGRONETA, LOS SUEÑOS DE UXIA, TRECE TABLAS, ULTREIA, VILAMEY COMPLEMENTOS, ZAIDA, BRISSA SALON, PIKAROS STORIY, UNIKA, CACTUS ROSE.
Os benefiarios principais foron os clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria, dinamizando as compras entre os veciños e veciñas, procurando sempre chegar ao maior públicos posible.
Liquidación dos excedentes das rebaixas de inverno, facendo unha gran oferta de produto nunhas condicions distintas, sacando a mercancía a rua, e con distintivos nos comercios participantes. Esta é unha das campañas que máis resultados obtén a nivel de vendas, de acordo co manifestado polos comerciantes participantes, sendo o outlet de verán a estrela. O outlet de inverno celebrouse os días 6 e 7 de marzo, conincidindo con xoves e venres.
Esta iniciativa ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento complexo para as vendas.
Incentivación das vendas da mercancía que quedou da campaña de inverno, xa que os Outlet’s son campañas que sempre tenñen unha moi boa acollida entre os clientes, segundo confirman os establecementos participantes, que ven aumentar considerablemente eses días as súas vendas (aínda cando os prezos son de liquidación), expoñen a roupa na rua o que o fai máis atractivo.
Incentivación das vendas de tempada, ao tempo que os consumidores se achegan na búsqueda de “gangas”, aproveitan para visitar todo o comercio, que xa ten mercancía da nova tempada, e tamén son numerosos os clientes que “pican” nesta nova mercancía.