SAN VALENTIN “O TEU CORAZON PIDE SARRIA”

A localización da campaña foi na totalidade de establecementos asociados; e as datas de promoción abacaron dende o día 11 ao 14 de febreiro.

Nesta actividade participaron tódolos establecemetos asociados, que son na súa gran maioria comerciantes retallistas.

Os beneficiarios principais foron os clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria, dinamizando as compras entre os veciños e veciñas, procurando sempre chegar ao maior público posible.

Todolos asociados recibiron un cartel publicitario para expoñer no seu establecemento, a toda cor coa imaxe de Xunta de Galicia e do CCU, material, xestión en redes, organización e coordinación, mes de febreiro, en xogo catro ceas en establecementos asociados ao CCU.

Todolos clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realizaron algunha compra no periodo de promoción, entraban no sorteo dunha cea romántica para dúas persoas. Sorteanse catro ceas para dúas persoas nos establecementos de restauración asociados: Hotel Alfonso IX, Restaurante O’Descanso e Restaurante Roma.

Os establecementos asociados, por cada venta que fixeron entregaron os seus clientes unha factura ou factura simplificada (papeletas), onde incluien os datos do establecemento e cubriron o nome, apelidos e número de teléfono do clientes.

As papeletas quedaron custodiadas no establecemento asociado, ata que o persoal de ACES as recolleron. Realizouse o sorteo do premio, mesturando as papeletas nun recipiente e extraendo catro papeletas e outras tantas de reserva.

“O Teu Corazón Pide Sarria” é unha campaña coa que chegamos aos corazons dos clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria, para que continúen amosando o seu apoio aos negocios da vila, realizando as suas compras de San Valentin no CCU de Sarria (agasallos, ceas…)

Gran parte dos establecementos asociados nos comunican que as vendas foron mais elevadas do que esperaban alcanzar o que nos indica que a campaña obtivo un bo resultado.

 

 

 

                             

Compartir: