A Asociación

Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (Aces)

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (Aces), nace polo ano 1996 e fórmase ante a inquietude dun grupo de comerciantes que decidiron creala co fin de pór en valor o pequeno comercio da localidade, así como toda a actividade de servizos e hostaleira que ten a vila.

Aos poucos, e con moito traballo, fóronse facendo cousas por promocionar, publicitar e modernizar o noso pequeno comercio, notándose actualmente estes anos de traballo á hora de percorrer os establecementos. Podemos observar que unha gran maioría están informatizados e subidos ao tren das novos tempos, os interiores dos establecementos bastante actualizados e renovados e os seus escaparates mostran con gusto e disposición os artigos que poderemos observar máis detalladamente no interior.

Desde o 2004, metémonos de cheo na creación dun Centro Comercial Urbano (CCU). A poucos fomos avanzando na consolidación deste. Na actualidade, os establecementos que pertencen ao CCU atópanse plenamente identificados para os clientes e neles poderán atopar todo o que lles ofrecemos nas nosas campañas publicitarias e promocionais.

Durante todo o ano pomos en funcionamento campañas como “SAN VALENTIN”, “DIA DO PAI”, “DIA DA NAI”, “PRIMAVERA – VERÁN”, “VOLTA O COLE”, “OUTONO – INVERNO” e a de “NADAL”, na que nos encargamos de coordinar todo o alumado das rúas da vila e que terminamos cunha gran festa na tarde do día de Reyes, onde sorteamos un escaparate de premios.

A nivel de relacións con outros estamentos empresariais, pertencemos á Federación de Comercio de Lugo (FCL), á Federación Galega de Comercio (FGC), e estamos incluídos na Rede de Centros Comerciais Abertos de Galicia (CCA).