Os nosos servizos

Promoción, Publicidade, Asesoramento, Subvencións,…

Os principais son promoción e publicidade conxunta dos membros da Asociación. Para iso contamos coas campañas de publicidade, tres rueiros en puntos importantes de paso e a páxina web que é unha fiestra cara ao mundo, sobre todo para aqueles que pasan por aquí seguindo o Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela. Desde internet, poden consultar con antelación as diferentes cousas que hai na vila e onde atopalas en caso de necesidade.

Contamos cunha oficina técnica, atendida pola nosa Xerente e por outros colaboradores achegados polos diferentes plans de emprego. Nela, ademais de desenvolver todos os aspectos para o bo funcionamento da Asociación, infórmase aos socios sobre calquera cuestión que lles preocupe nun determinado momento e sobre a que necesiten información ou documentación. Ademais de informarlles sobre todas aquelas axudas que pon en marcha a Administración e que poidan necesitar.
En caso de ser necesario, é o noso persoal o que se despraza ás tendas ou lugares onde solicite a súa presenza.

Compartir: